O 18 Congreso da SENC converterá Santiago en capital da neurociencia española do 3 ao 6 de setembro
O congreso, que agarda a participación de máis de 600 asistentes e que desenvolverá as diversas sesións programadas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, contará con tres conferencias plenarias impartidas por neurocientíficos de prestixio internacional. A doutora Paola Arlotta, da Universidade de Harvard, falará sobre os mecanismos celulares e moleculares que gobernan o desenvolvemento do cerebro dos mamíferos e como estes mecanismos son afectados polas enfermidades do desenvolvemento nervioso.
Botond Roska, do IOB de Suíza, tratará na súa intervención a sobre a comprensión da organización dos tipos de células e circuítos do sistema nervioso cando se combinan coa enxeñaría celular, así como da súa utilidade para deseñar novas terapias acaídas par combater a cegueira. A terceira sesión plenaria será impartida por Luís Miguel García segura, do Instituto Cajal de Madrid, quen guiará ao público presente por unha fascinante viaxe desde os cromosomas sexuais ata o cerebro da muller.
Alén destas plenarias, os sismposios do 18 Congreso Nacional da SENC, nos que se presentarán 40 comunicacións orais, permitirán abordar e debater sobre os principais avances neurocientíficos en temas como o efecto de tensión sobre a saúde mental, os mecanismos neurobiolóxicos das enfermidades cerebrais, as bases neurais do comportamento social, o desenvolvemento e evolución do cerebro, a actividade cerebral en distintos estados de consciencia, a neuroxénese adulta, a base neuronal das emocións...
O congreso inclúe asemade dúas actividades complementarias, que se celebrarán o 3 de setembro e que están abertas á participación do público en xeral. A primeira destas sesións, que se desenvolverá na sede de Afundación Santiago de Compostela, estará guiada polo ex presidente da SENC, José M. Delgado, quen impartirá a conferencia ‘Falando do que entende: o cerebro en vivo e en directo’. Asemade, entre outras actividades complementarias, o ‘Riquela’ acollerá tamén a mesa redonda ‘Cerebro e liberdade’.

Universidade de Santiago de Compostela