O proxecto 'Xacobeo Autismo' permitirá adaptar o Camiño Portugués da costa ás necesidades das persoas con trastorno do espectro autista
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe en Nigrán o proxecto Xacobeo Autismo. Un camino de todos, beneficiario do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta. Trátase dunha acción coordinada pola Fundación Menela, a través da cal persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poderán realizar sete etapas do Camiño Portugués da costa. A presentación contou coa presenza do director xeral da Fundación Menela, Cipriano Luís Jiménez, e do alcalde da localidade, Juan González.
En cada unha das sete etapas das que consta a acción, que comezará o 17 de setembro, o proxecto invitará a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. Ademais farase un estudo da accesibilidade cognitiva das casas consistoriais dos tramos polos que discorrerá Xacobeo Autismo e, en caso de ser necesario, mellorarase a súa sinalización con pictogramas.
As etapas de Xacobeo Autismo arrancarán na Guarda ata Portocelo, continuarán por Oia, Mougás, Cabo Silleiro, Baiona, A Ramallosa e rematarán en Nigrán o día 11 de outubro.
No final de cada unha das etapas, establecerase un punto informativo sobre o Trastorno do Espectro Autista e sobre os servizos, programas e axudas que existen para mellorar a vida destas persoas e as súas familias.
O teu Xacobeo programa máis de 350 proxectos vinculados ao Camiño de Santiago que fomentan aspectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos. Máis dun centenar de concellos acollen as accións programadas. Esta convocatoria de proxectos ten como fin implicar á sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo, así como a súa descentralización por todo o territorio. A convocatoria de axudas espertou un grande interese por parte dos galegos de xeito que a Xunta recibiu 652 solicitudes. Dado o éxito da proposta, o Goberno autonómico decidiu aumentar os 2 millóns de euros iniciais a un total de 4,7.

Xacobeo Autismo