Skip to main content

Cidadáns, peregrinos e expertos debatirán sobre o Camiño Primitivo en Lugo

Xornada de participación cidadá día 18 de outubro, venres de 16:00 a 20:00 horas

Terá como protagonistas á cidadanía e aos peregrinos, realizando un debate sobre as fortalezas e as debilidades que O Camiño presenta ao seu paso por Lugo. Importantes relatores participarán nesta xornada, como a Xefa territorial de Cultura e Turismo María José Gómez; Ángel Trabada, presidente da asociación de Amigos do Camiño; Luis Latorre, presidente de Lugo Monumental; Jesús Vázquez, presidente da Federación de Veciños Lucus Augusti; Adolfo de Abel Vilela, historiador e presidente de Lugo Patrimonio; Guido Álvarez, guía oficial de turismo; e Enma Noriega, arquitecta experta en participación.

Xornada de expertos día 19 de outubro, sábado de 10:00 a 14:00 horas

Participará un grupo de expertos no Camiño e tecnoloxías dixitais debatendo sobre a importancia do Camiño a nivel cultural, histórico, de patrimonio e económico. Esta xornada dividirase en dúas mesas: Mesa: “Patrimonio e cultura no camiño” estará formada por Elena Freire, antropóloga; Roberto Pena, xefe de arqueoloxía da Dirección Xeral de patrimonio; Ana Pro, arquitecta da Dirección Xeral de Patrimonio; Ricardo Polín, estudoso e experto no Camiño; e Paloma Vázquez, xefa da área de turismo de Lugo.

Mesa: “O Camiño tecnolóxico, económico e social” contará con representantes da economía e sociedade de Lugo como José María Seijas, presidente da Federación de Comercio de Lugo; Cheché Real, presidente da asociación de hostalería; Roberto Fraga, CEO dunha das empresas de tecnoloxía máis vinculadas co Camiño de Santiago; Manuel Fernández, empresario da zona da Tinería; e Mauricio Repetto, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego.

O promotor destas xornadas é AGESTIC en colaboración coa Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021, e o fin principal é promover a tradición do camiño, potenciar intercambios sociais en sentido crítico e aproveitar o atractivo e a boa imaxe que ten, a todos os niveis, o roteiro.
Agestic