Skip to main content

Ofeitoaman: 35 anos de artesanía no Nadal de Vigo

Ademáis, incorpórase despois de varios anos sin participar o obradoiro de cartón pedra “Charamusca” de Carnota (A Coruña).

Os demáis expositores son habituais participantes na feira, e presentan obras de autoría propia en ourivería, xoiería, tecidos, madeira torneada e tallada, marroquinería, zapatería, cerámica, vidro, bixutería ou metais.

Todos/as os expositores/as son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e empregan a Marca oficial da Artesanía de Galicia, excepto o obradoiro Artesave que chega invitado de Portugal.

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia. Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía en Galicia dende 1983. O seu horario será de 11 a 14 e de 16:30 a 21, excepto os días 24 e 31 que pechará pola tarde ás 18:30. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, permanecerá pechada.
Ofeitoaman