As farmacias galegas poñen en marcha a campaña Mascarilla-19 para axudar a posibles vítimas da violencia de xénero

O obxectivo é darlle ás posibles vítimas da violencia de xénero unha canle máis de saída a situacións violentas no fogar agravadas pola etapa de encerro, na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co seu agresor e non teñen outra forma de pedir axuda. Desta maneira, cando unha muller acode a unha oficina de farmacia unha vez que empregue o código “Máscara-19”, o persoal farmacéutico porase de inmediato en contacto coas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Cabe lembrar que o colectivo farmacéutico formou parte na redacción e posterior aprobación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia