O sector de feiras e eventos en Galicia ponse de novo en marcha garantindo viabilidade e seguridade
Ao mesmo tempo, é acollida con satisfacción por esta entidade por tratarse de medidas factibles e executables por calquera organizador. Así, nesta normativa determínase que o aforo para a celebración de feiras e eventos será do 75% da capacidade permitida. Deberase establecer a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara, ademais do cumprimento xeral de medidas de hixiene, como a dipoñibilidade de xel hidroalcóholico para todos os asistentes.
Viabilidade e seguridade
Para Agafe estas medidas garanten tanto a viabilidade para a celebración de eventos como a seguridade para o persoal e os asistentes aos mesmos. Así, de non poder levarse a cabo algunha feira, congreso ou encontro será pola situación do sector implicado ou outros motivos, pero non pola imposibilidade de aplicar as medidas establecidas para previr a difusión do covid-19.
Dende a Asociación tamén se destaca a importancia desta volta á actividade porque a función dos recintos feiras é a de ser instrumentos de promoción económica dos sectores relacionados con eventos celebrados neles, co que isto é un paso máis cara a reactivación económica de Galicia.

Asociación Galega de Feira e Eventos (Agafe)