USCénica 2020 bota a andar coa obra 'Os cans non comprenden a Kandinsky'
As diferentes actuacións que integran o festival desenvolveranse, alén de na sala Roberto Vidal Bolaño e da terraza do auditorio, no Salón Teatro da Rúa Nova, mantendo sempre un aforo reducido. Todas as funcións serán ás 20.30 horas, mentres que os concertos desenvolveranse a partir das 21.45 horas. O programa completo do festival pode consultarse nesta ligazón. As performers Helena Salgueiro, María Roja e Iria Sobrado, ou as compañías ‘Pisando ovos’, ‘Proxecto Cintaadhesiva’, ‘Borja Fernández’, ‘Incendiaria’, ‘Butaca Zero’, ‘A quinta do cuadrante’, ‘Kirenia Danza’ ou ‘Compañía IO’ nutren a oferta deste festival de artes escénicas.
“Galicia precisa da cultura”
Este martes o reitor Antonio López mantivo un encontro coas compañías participantes no que quixo deixar constancia de que “Galicia precisa da cultura”. Na súa intervención e acompañado pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, o reitor deixou patente que “na USC temos a fortuna e, ao tempo, a responsabilidade de ter sido testemuñas e protagonistas de máis de cinco séculos de manifestacións culturais en Galicia e no mundo. Somos gardiáns do patrimonio cultural pero tamén axentes dinamizadores e responsables de manter a cultura viva en todas e cada unha das súas expresións".
Butaca 0
A totalidade da recadación irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. Neste senso, é posible adquirir unha butaca 0, o que permitirá contribuír a esta causa aínda que non se asista a ningunha función do festival. As entradas só poden retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas. O acceso ás funcións programadas na terraza do Auditorio da Universidade é gratuíto ata completar aforo. O acceso ás funcións da sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e no Salón Teatro teñen un prezo de 3 euros.

Universidade de Santiago de Compostela