Skip to main content

Talía Teatro estrea o seu novo espectáculo familiar, 'Voa, voa!'

Así o subliñou este mediodía o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, durante a presentación da estrea, na que tamén participaron a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, así como Artur Trillo e os intérpretes María Ordóñez e Toño Casais. Na súa intervención, destacou igualmente que a compañía regresa a Cee para retomar a actividade no mesmo punto onde se atopaba no momento da declaración do estado de alarma, que lle obrigou a adiar estas representacións, inicialmente previstas para o mes de abril.

Percorrido por Galicia

Ao tempo, reactívase a programación habitual de FalaRedes, circuíto da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, dentro do que Talía Teatro levará este espectáculo a outras 14 localidades, con funcións gratuítas ata completar a capacidade e especialmente pensadas para familias e cativada ata os 8 anos.

Como detallou o director da Agadic, Voa voa! poderá verse este mes de xullo en Noia, Carral, A Laracha, Moraña, Guntín, Foz, Vedra, Portas e O Carballiño, e durante agosto, no Pereiro de Aguiar, A Estrada, Ribadavia, Triacastela e Muros. “Serán, por suposto, representacións adaptadas á nova situación derivada da covid-19, procurando espazos exteriores, ocupacións reducidas, e co cumprimento de todas as medidas sanitarias precisas”, explicou.

En nome da Consellería, trasladoulle á compañía a satisfacción por ter contribuído a facer realidade este novo proxecto de Talía Teatro que, nas súas palabras, “continúa a reafirmarse, tamén nesta nova normalidade, como unha das compañías escénicas máis activas e prolíficas coas que contamos no país”.

Divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras e, segundo a compañía, o principal obxectivo deste espectáculo para toda a familia. Así, a través dos nenos que interpretan María Ordoñez e Toño Casais, Voa, voa! recupera retrousos, xogos de man e ditos populares que se foron transmitindo de xeración en xeración, ademais de animar especialmente os máis maiores da casa a compartir cos pequenos os seus xogos da infancia e o vocabulario que empregaban.
Talía Teatro