Os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo durante o franquismo foron retirados dos corredores do Pazo de San Marcos
O deputado de Memoria Histórica sinalou que “as institucións non poden acoller elementos de recoñecemento ao franquismo ou ás persoas que o representaron porque, argumentou,“iso contribúe a branquear e lexitimar a ditadura”.
Día da Galiza Martir
O vindeiro luns 17 de agosto, coincidindo co Día da Galiza Martir, a área de Memoria Histórica celebrará un acto de lembranza e homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo en Sarria.
O acto comezará cunha ofrenda floral no murallón de Santa Mariña, a carón da placa que lembra ás vítimas do franquismo na comarca, ás 20:00 horas. A continuación, o historiador Rafael García Ferreira pronunciará unha conferencia baixo o título "O golpe do 36: violencia e perspectiva nacional". A música de Raiceira acompañará a intervención.

Deputación Provincial