GaliciaTIC constata que na pandemia se produciu o avance agardado para os vindeiros cinco anos no ámbito da transformación dixital
Máis de 400 persoas inscribíronse para participar no foro, no que intervirán máis dunha trintena de expertos. Precisamente, tal e como puxo de manifesto Miguel Merino, director de GaliciaTIC 2020, durante a sesión inaugural desta mañá, o contexto xerado pola pandemia obrigou a acelerar o proceso de transformación dixital tanto nas administracións públicas, coma nas empresas e organizacións galegas. Segundo asegurou Merino, “nestes seis meses de pandemia produciuse un avance antes agardado para os vindeiros cinco anos” nesta materia.
Ademais, tal e como expresou o director do foro, GaliciaTIC sempre fomentou a implantación de tecnoloxía nas empresas e na sociedade en xeral, pero neste momento “a transformación dixital deixou de ser opcional e esta necesidadade conleva un pulo para certos sectores con baixa intesnidade de implantación tecnolóxica, non só para evitar a brecha dixital, senón pola esixencia desta nova era”.
Mesa inaugural
Na sesión de apertura, na que se analizaron os Retos da transformación dixital en Galicia, participaron a directora da AMTEGA, Mar Pereira; Luis Álvarez-Sestelo, presidente da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO); Carlos Suárez, director de Edisa; Fernando Vázquez, CEO e fundador de Imatia e José Luis Latorre, director xeral de Inycom.
Mar Pereira, na súa intervención, asegurou que “estamos perante un proceso de rápida adopción de tecnoloxías xa existentes” e botou en falta “un maior acompañamento de Europa e das súas institucións de cara a fortalecer o sector TIC neste momento”.
Mentres, pola súa banda, o presidente de INEO fixo fincapé en que a situación xerada pola pandemia provocou, en moitas empresas TIC, “melloras de produtividade”. “Case todas as firmas do sector asumiron que a presencialidade non é obrigada, que non é xa preciso coller un avión para ir a unha xuntanza de media hora a Madrid e que os acordos e contratos poden pecharse telemáticamente”, afirmou.
Carlos Suárez incidiu en que a adopción do teletraballo ha pasado de ser a excepción a ser a norma. Pero, lembrou que para que funcionen, os cambios organizativos han de ir, moitas veces “acompañados de redeseños nas estruturas das empresas”.
Fernando Vázquez quixo destacar que a aceleración do proceso de transformación dixital permite agora “que se poida traballar e contratar en calquera parte del mundo”, o que é unha vantaxe para as organización “que poden acceder ao mellor talento”.
Finalmente, Latorre alerto de que un dos riscos do teletraballo, que convén evitar, “é que pode provocar a deshumanización das organizacións” e avogou por favorecer que as empresas TIC “sexan máis atractivas para as persoas e para os clientes”.
Programa
Tras a inauguración, desenvolveronse diversos relatorios, mesas temáticas e webinars centrados en asuntos diversos como a necesidade de impulsar a creación dun ecosistema innovador ou os novos retos de seguridade para contornas SAP, o 5G ou a transformación dixital e a automatización de procesos, entre outros asuntos.
O programa continuará na xornada de mañá con novas sesións virtuais, un showroom e o desenvolvemento dunha plataforma virtual de networking. Ademais, unha das mesas de mañá incidirá no blockchain (servizo de exploración de bloques de Bitcoin) e os seus casos de emprego actuais.
Finalmente, na mañá do venres 16 de outubro terán lugar as últimas mesas temáticas centradas na transformación dixital e recuperación empresarial, dunha banda, e na abordaxe de casos de éxito en implantación de solucións tecnolóxicas no ámbito daa industria 4.0., pola outra. Tras elas, o foro será clausurado oficialmente.
Entidades patrocinadoras
Esta XVIII edición de GaliciaTIC conta co respaldo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), así como das firmas Edisa, GBTEC, Imatia, Inycom, Oracle, Orange, R, Deloitte, Lifesize, CTI Consultores, Leyton, OpenSoft e Sistemius.

GaliciaTIC