Entregados os galardóns da XXIII cata dos queixos e da XIX cata dos meles de Galicia
As mostras presentadas distribuíronse do seguinte xeito: 20 queixos inscritos da DOP Queixo Tetilla; 15 queixos na categoría DOP Arzúa-Ulloa e 5 queixos que competiron como Arzúa-Ulloa curado; 7 pertencentes á DOP San Simón da Costa e 2 queixerías na categoría de queixo fresco da DOP Cebreiro. No caso dos meles, 25 industrias proveron 17 meles para concursar na categoría A, de meles monoflorais, e outros 20 para a categoría B, correspondente a meles multiflorais.
Os paneis de cata estiveron formados por profesionais experimentados vencellados ao ámbito da gastronomía, da hostalería, da comunicación e do sector agroalimentario. Eles foron os encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras que hoxe foron reveladas.
Acto de entrega
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidiu esta mañá a entrega de premios da XXIII cata dos queixos e da XIX cata dos meles de Galicia, onde destacou o prestixio da gastronomía galega en xeral e o dos queixos e meles en particular grazas á calidade das materias primas e do inmensurable esforzo do sector, nun ano atípico no que quedou claro que o medio rural é imprescindible.
Así, o titular de Medio Rural puxo en valor dúas das producións máis senlleiras do agro galego, resaltando que “estes produtos gardan neles a calidade que define a Galicia, que son mostra da nosa excepcionalidade”. Neste senso, sinalou que o reforzo desa calidade está asegurado a través da Estratexia de dinamización do sector lácteo. Este plan monográfico toma en consideración a produción de elaborados lácteos como o queixo, que reflexa a aposta do Goberno galego pola mellora e a promoción da calidade dos produtos lácteos galegos.
Así mesmo, mediante esta estratexia preténdese aumentar o peso das denominacións de orixe na transformación industrial, reforzando as campañas de promoción dos distintos selos de calidade no marco do relanzamento da marca “Galicia Calidade”, como punta de lanza para mellorar o posicionamento competitivo e a visibilidade do conxunto do sector, baseándose na calidade e na diferenciación. Tamén se traballará na adaptación dos formatos e envases dos queixos ás demandas de consumo e á tipoloxía dos fogares.
Nesta liña, o conselleiro matizou que se está traballando para mellorar, se cabe, o posicionamento dos produtos agroalimentarios no mercado, tanto nacional como internacional; na diversificación das producións e no fomento da industrialización no rural galego, xa que “o sector primario para Galicia é imprescindible, é garantía do noso porvir e é un motor esencial”, engadiu.
Neste senso, José González destacou o papel das catas de Galicia que promocionan uns produtos de alta calidade. Así, felicitou ás 29 industrias queixeiras e 25 industrias de mel que participaron nesta edición e gabou a profesionalidade destes sectores que, nun ano atípico, souberon saír adiante e fortalecer o prestixio da gastronomía galega.

Consellería do Medio Rural