Clausurada a mostra 'Don Ricardo de Fingoi' na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo
Tamén asistiron o especialista no escritor e amigo da familia Bernardo Penabade e o Presidente da Asociación do Camiño Norte, José Luis Fernández Ansedes. A exposición forma parte do proxecto do mesmo título que comprende a web www.carballocaleroenlugo.org, o catálogo cos contidos íntegros da mostra, e o libro “Carballo Calero en Lugo – Don Ricardo de Fingoi”, no que participan unha trintena de antigos/as alumnos/as de Carballo no Colexio Fingoi de Lugo.
A mostra sobre o autor, a quen este ano se dedicou o Día das Letras Galegas, reflicte a través de 13 paneis os quince anos de Carballo Calero en Lugo, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi. Trátase dunha exposición itinerante que despois da súa inauguración en Lugo, no Colexio Fingoi, o pasado 15 de xaneiro, co obrigado descanso pola pandemia, foi visitando vinte e oito localidades de toda Galicia (Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo...) e capitais de concellos e centros educativos da provincia de Lugo.
O proxecto DON RICARDO DE FINGOI foi promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega, o Colexio Fingoi e familia do escritor.

Colectivo Egeria