O Xacobeo 2021 comezará cun acto videomusical que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en streaming e pola TVG
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta mañá en Santiago o acto de apertura do Xacobeo 2021 que terá lugar o vindeiro 31 de decembro. Fíxoo co anuncio de que o músico Carlos Núñez será o encargado de acompañar coas súas notas parte do acto de apertura da Porta Santa. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, “trátase dun acto inspirador de reducidas dimensións, acorde á actual situación sanitaria, co que queremos celebrar o comezo deste Xacobeo 2021, que está chamado a ser motor de recuperación emocional e económica para toda Galicia”.
“A conta atrás que da comezo ao Xacobeo 2021 remata coa apertura da Porta Santa”, explicou Nava Castro, “un acto especialmente simbólico que queremos achegar ao maior número de persoas”.
A retransmisión chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal, Holanda ou Arxentina, grazas a colaboración de Turespaña, “a través de pantallas como as que teremos na praza do Gran Sablón en Bruxelas, a situada na praza do Doumo en Milán, a de Pistoia, na Haia ou en Bos Aires”, explicou a directora de Turismo de Galicia. Ademais, a Televisión de Galicia retransmitirá todo o acto, a través do sinal convencional e da súa canle de Youtube.
Tamén será un acto seguido polas máis de 350 asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e os 150 centros galegos repartidos polos cinco continentes, así como polos centros culturais da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), que tamén colaborarán na difusión do acto, o que permitirá que o comezo da celebración do Ano Santo compostelán chegue a milleiros de persoas en todo o mundo.
Vídeo e actuación especial de benvida
Neste marco de benvida encádrase tamén o acto videomusical co que se acompañará a benvida do Xacobeo 2021 e que terá a Carlos Núñez como condutor. Así, tralo peche do acto litúrxico, Núñez interpretará dúas pezas especialmente escollidas para a ocasión que se completarán coa proxección na praza da Quintana dun fermoso percorrido visual e musical pola historia de Galicia e do Camiño. Da man do recoñecido gaiteiro, o vídeo conta coa colaboración dunha trintena de artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Rozalén, Amaral, Iván Ferreiro ou Andrés Suárez; escritores, artistas da música celta e galega como Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Fon Román saúdan a esperanza de volver atoparse nesta Galicia que forma parte de todos eles dun xeito ou doutro.
Dirixido por Fon Cortizo, e producido pola galega Ollovivo, na presentación desta mañá púidose ver un pequeno avance do vídeo que se proxectará o 31 de decembro e que tamén se emitirá pola TVG e por streaming en canles institucionais da Xunta. “Un audiovisual que representa todo o que queremos que sexa este Xacobeo”, destacou Nava Castro, que destacou que este Xacobeo suporá un gran reto e unha gran oportunidade para o noso territorio. “Un Xacobeo que será diferente a calquera outro, aberto e integrador, pero, sobre todo, seguro e diversificado por todo o territorio”, explicou a directora de Turismo de Galicia.
Impactos en toda España
Neste sentido, Nava Castro aproveitou para destacar a boa acollida que está a ter a campaña institucional Camiña a Galicia, que ten como obxectivo chegar ao 70% da poboación española nestes 10 días de campaña intensa. Tamén destacou o excelente retorno que está a colleitar a iniciativa #AcendeOXacobeo, lanzada a xeito de conta atrás de cara ao Ano Santo e que hoxe comeza a súa derradeira fase. Ao seu remate, o 31 de decembro, teranse iluminado case un cento de emprazamentos singulares por toda España para celebrar o comezo deste Ano Santo.

Xacobeo 2021