As consecuencias da pandemia laminan a xustiza social
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/coronavirus-social.jpg)
A técnico do Programa de Sensibilización Intercultural e Participación de Familias Migrantes en Accem Zinthia Álvarez abriu a quenda de intervencións cun relatorio sobre a situación do emprego e a conciliación en familias vulnerables trala COVID. Os efectos psicolóxicos causados pola pandemia nas persoas en situación de vulnerabilidade que están a buscar emprego centraron logo a exposición da psicóloga sanitaria e forense Raquel Lombao Fernández. A traballadora social do Concello de Bóveda e profesora asociada da UVigo, Begoña Sánchez Roura, e a voceira da Asociación de Empregadas de Fogar Xiara, Teresa Rodríguez Vilaseco, completaron a quenda de relatorios con dúas charlas sobre traballo decente e experiencias de emprego somerxido.
A xornada de análise e debate organizada pola Rede TIL chegou ao seu colofón coa lectura do manifesto ‘Xustiza Social e Emprego’, un documento que reivindica que “os poderes públicos favorezan un sistema económico no que a persoa se sitúe no centro. Un sistema económico sostido, sostible e inclusivo, encamiñado ao pleno emprego”. A promoción dun acordo social a prol do compromiso contra a pobreza e a exclusión en España e a conversión do traballo nun dereito efectivo que garanta a dignidade e a xustiza social para todas as persoas, centran outras das demandas esgrimidas neste manifesto da Rede TIL.
Entidades da Rede TIL Lugo
A Rede TIL Lugo, liderada pola Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus de Lugo, conta na actualidade entre as súas entidades adheridas coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Asociación Síndrome Down de Lugo, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Fademga), Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Cruz Vermella Española-Lugo, Federación Asociacións de Familiares e persoas con enfermidades mentais de Galicia (Feafes Galicia), Fundación Secretariado Xitano, Fundación Juan Soñador, Fundación Educativa e Social Dignidade, Aliade Ultreia, Accem, Alar, Galicia Diaconía, Alar, Cáritas Diocesana Lugo e Igaxes.
Universidade de Santiago de Compostela