Salvador Cidrás amosa 'As formas partilladas' no Museo de Arte Contemporánea de Vigo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/as-formas-partilladas.jpg)
As cerámicas están creadas a partir de pezas ensambladas, unindo planos con relevo. A superficie lisa do exterior e a textura esmaltada e brillante do interior fúndense para establecer novas relacións espaciais entre as aperturas e os volumes. Nos téxtiles, estes creadores investigan as posibilidades tridimensionais dos teares. Aproveitan a base flexible da urdimbre para desenvolver relacións espaciais entre a textura do tecido, o metal e o plano da parede.
‘As formas partilladas’ é o proxecto co que reabre ao público a planta baixa do Museo de Arte Contemporánea de Vigo logo das obras de remodelación desenvolvidas durante o mandato de Miguel Fernández-Cid como director da institución. Daquela, co gallo da reapertura destas instalacións, o MARCO presenta proxectos de instalacións específicos para cada unha das tres salas, infraestruturas nas que as pezas se relacionan co espazo e crean percorridos que xogan coas diferentes formas, cores e escalas. Ademais, alén desta nova creacións dos Cidrás, a planta inferior do Museo de Arte Contemporánea de Vigo amosará tamén desde o sábado 10 de abril outros tres proxectos, cuxa autoría é obra do artista Rosendo Cid e das artistas Mar Vicente e Mónica Alonso.
Traxectoria do colectivo
A traxectoria do colectivo artístico que conforman Salvador e Juan Cidrás xa é ampla. De feito, entre as súas exposicións cómpre citar moi diversos escenarios, tales como Breaking Boundaries, Claustro da Igrexa de San Simpliciano, Milán (2017); Esgazados, Galería Vilaseco, A Coruña (2018); Galería Salvatore Lanteri, Milán (2018); Formabesta, Sight Unseen Offsite, Hub Space, Nova York (2018); New Realities, Understanding Design, Sala XYZ, Barcelona (2018); Galería Casado Santapau, Madrid (2020). Ademais, a partir de mediados de xuño, o seu traballo poderá verse na Galería Municipal do Porto, a través da exposición ‘Pés de barro’.
Universidade de Santiago de Compostela