O Colectivo Egeria presenta o seu novo proxecto sobre 'Los Maragatos de la Puerta de San Pedro'
Con esta web, que se pon en marcha coa referencia deste aniversario, comezamos o traballo de investigación das raíces maragatas da familia, o papel dos maragatos no comercio galego dos séculos pasados, a fixación dos maragatos en numerosos lugares de Galicia e o especial papel desta familia no comercio lucense, que se centra no tradicional establecemento sito en San Pedro 66 de Lugo, rexido por María del Carmen Pérez-Carro, da terceira xeración da familia, e no proxecto en marcha de abrir un albergue de peregrinos no Pazo de Saavedra, en pleno Camiño Primitivo.
Colectivo Egeria