O Colectivo Egeria presenta a exposición itinerante 'Aquela nena de Sarria' en Miño

Exposición “Aquela nena de Sarria”
Esta exposición está composta por doce paneis que percorren os primeiros anos da vida de Xela, o seu vencello co noso idioma, o papel da familia na súa traxectoria como escritora e tradutora, e a homenaxe poética que lle renden os estudantes de Sarria, os membros da “Nova poesía guitírica” ou as “Compañeiras de viaxe” da escritora, proporcionando ampla información sobre unha Xela descoñecida que os galegos evidencian interese en coñecer. Nesta mostra figuran unha serie de fotografías da nena Xela facilitadas pola súa familia, que contan co contrapunto de cadansúa creación da artista Sabela Arias, residente en Miño, o que confire un singular aire xuvenil a esta exposición.
“Aquela nena de Sarria” estará na Biblioteca Pública municipal de Miño durante a segunda quincena do mes de agosto, e os visitantes recibirán cadanseu exemplar do catálogo da exposición, coa totalidade dos contidos da mostra.
Colectivo Egeria