Preto de 120 especialistas en bioseguridade debaten en Pontevedra como facer fronte á presente e ás futuras pandemias
Organizado por esta asociación, xunto co Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo e o seu Servizo de Bioexperimentación, o V Congreso Nacional de AEBioS reúne na sede de Afundación preto de 120 especialistas e profesionais, nunha edición que ten nas medidas para facer fronte á covid-19 un dos seus temas centrais. SARS-CoV-2: o inimigo invisible foi de feito o título da sesión desenvolvida ao longo da mañá deste xoves e que contou coas intervencións, entre outros, da codirectora do laboratorio de coronavirus do Centro Nacional de Biotecnología (CNB) do CSIC, Isabel Sola, e do tamén investigador deste centro Juan García Arriaza, que traballan no desenvolvemento de vacinas contra este virus.
“Confeccionamos un programa con conferenciantes de altísima calidade, que vainos permitir facer un percorrido por todo o que vivimos ao longo deste ano e medio”, salientou na inauguración a técnica do Servizo de Bioexperimentación Marina Peña, vicepresidenta de AEBioS e presidenta do comité organizador do congreso que se desenvolve este xoves e venres en Pontevedra, despois de que tivese que adiarse en dúas ocasións por mor da pandemia. A vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, o presidente desta asociación, Francisco Javier García Palomo, e a deputada provincial de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías, participaron tamén neste acto de apertura, no que, ademais de pór en valor o traballo dun comité organizador integrado unicamente por mulleres, Rubio sinalou como a situación provocada pola covid-19 fixo “que a sociedade sexa moito máis consciente do labor que facemos nos centros de investigación e nas universidades”. A vicerreitora lembrou tamén que o Cinbio conta cun laboratorio NCB-3, “un dos poucos que existen en España e que permiten traballar con todo tipo de patóxenos que poden afectar á nosa saúde”. Ana Mejías, pola súa banda, incidiu en como a pandemia levou a que a idea da bioseguridade pasase de ser vista “como un tema dos laboratorios” a algo presente “non só en calquera ámbito profesional, senón tamén na vida cotiá, no ámbito educativo e no ocio”, mentres que García Palomo felicitouse por poder levar a cabo de xeito presencial este congreso, con medidas de seguridade como a realización de tests de antíxenos na súa propia sede, que conta tamén cun espazo de exposición no que diferentes empresas presentan os seus produtos e servizos.
A covid-19 e as pandemias por chegar
Tras a conferencia inaugural sobre a importancia da eficiencia enerxética no ámbito da bioseguridade, a cargo do membro fundador de AEBioS Rafael Sánchez, a covid-19 converteuse no tema central deste evento, coas intervencións da catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo África González, dos investigadores do CNB-CSIC Isabel Sola, Juan García Arriaza e Lluis Montoliu e do perito xudicial Pablo Medina. Abriu esta sesión África González, afondando no funcionamento do sistema imnunitario, que fixo posible que preto do 80% dos infectados nesta pandemia pasase a enfermidade “con cadros leves ou asintomáticos”, así como no desenvolvemento das diferentes vacinas, que amosáronse, sinalou, “moi eficaces”.
A partir de aí, a catedrática puxo o foco en que se ben ao longo do século XX tiveron lugar cinco pandemias, xa se alcanzou ese mesmo número nas dúas décadas transcorridas do actual. Factores como as zoonoses, “a resistencia bacteriana aos antibióticos”, as mutacións dos virus e a aparición de novos patóxenos, xunto coa concentración da poboación en zonas urbanas e a súa mobilidade, sinalou, fan prever “que as pandemias estanse incrementando e poden facelo máis no futuro”, ao que se suma o feito de que, ao vivir nun mundo globalizado, “temos moito menos tempo de resposta”. De aí que o desenvolvemento de novos fármacos e vacinas se convirta “nun reto desde o punto de vista científico e tecnolóxico”, engadiu González, que ante escenario, sinalou unha serie de aspectos que poderían contribuír a “estar mellor preparados para as novas pandemias que poden chegar”. Entre eles, sinalou que Organización Mundial da Saúde (OMS) teña “un papel moito máis predominante”, a necesidade de "investir moito máis en ciencia básica e incrementar o gasto sanitario”, así como a importancia de pór o foco en que as pandemias acrecentan “a diferencia entre países ricos e países pobres”.
Traballando nunha vacina
Codirectora do laboratorio de coronavirus do CNB-CSIC, Isabel Sola explicou nesta sesión que ata a data coñécense sete coronavirus diferentes que afectaron aos humanos. Catro destes causan “infeccións respiratorias leves, como un arrefriado común”, mentres que os outros tres, o SARS-CoV-1, o MERS e o SARS-CoV-2, todos eles, lembrou, “que apareceron no século XXI” provocan “infeccións respiratorias severas que poden ser mortais”. De aí que esta experta incidise, ao igual que González, na necesidade de “aumentar a vixilancia” xa que “aparezan novas pandemias no futuro é unha posibilidade moi realista”, antes de deterse no traballo desenvolvido no CNB para o desenvolvemento de vacinas fronte a estes virus.
Como explicou, o traballo que levan a cabo neste laboratorio céntrase no desenvolvemento dunha “vacina de RNA autorreplicativo”, que toma como punto de partida o estudo “dos mecanismos de patoxénese” dos coronavirus que desde hai máis de tres décadas desenvolven no CNB, o primeiro laboratorio do mundo en obter “un clon completo do xenoma” do MERS. Grazas á información obtida na investigación deste virus, o seu actual traballo de cara ao desenvolvemento dun “candidato a vacina” céntrase en aspectos como tratar de detectar “factores de virulencia” no SARS-CoV-2, co propósito de “eliminalos do xenoma viral”, o que permitiría “mellorar a inmunidade innata e accesoria”.
Tres días de actividade
Máis aló da covid-19, este quinto congreso da AEBioS afonda tamén nos retos da bioseguridade nun mundo globalizado, nos requirimentos legais de centros e actividades ou na versatilidade na aplicación da bioseguridade, con outras catro sesións de debate, nas que interveñen unha vintena de expertos e profesionais. Por outra banda, o congreso botou a andar este mércores cunha xornada previa na illa de San Simón, que puxo o foco no seu pasado como lazareto e que incluíu tamén talleres sobre desinfección de espazos e xestión de residuos perigosos.

Universidade de Vigo