O Orfeón Lucense convoca o Premio José Castiñeira de Humanidades
O Orfeón Lucense, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral Lucense e a familia de José Castiñeira Pardo, convoca a primeira edición do PREMIO DE HUMANIDADES JOSÉ CASTIÑEIRA, para honrar a persoas ou institucións que pola súa traxectoria, disposición e entrega, se distingan no seu labor humanitario, nas artes ou nas letras, a prol da convivencia social e da mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo de traballo e entrega do musicólogo, crego e profesor do que leva o nome.
O premio, que se convocará anualmente, non ten dotación económica e consistirá nunha placa que deixe constancia do nomeamento, que será entregada nun acto público e solemne, no claustro da Catedral de Lugo, o último domingo do mes de outubro, inmediatamente despois da celebración relixiosa do cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda que tradicionalmente se celebra na súa honra.
O xurado que concederá o premio estará formado por representantes do Orfeón convocante – fundado por José Castiñeira Pardo - , da familia Castiñeira, da S.I.C.B e da Diocese de Lugo, podendo incorporar persoas de recoñecido prestixio da sociedade lucense e galega.
A este premio poden presentar propostas as asociacións culturais, entidades oficiais ou privadas, os particulares que o desexen e os mesmos membros do Xurado, con exposición razonada dos méritos de cada candidato/a, ao correo info@orfeonlucense.com, ou entregándoas persoalmente nas oficinas do Pazo Bispal de Lugo, ata o próximo 15 de outubro.

Orfeón Lucense