Continúa a XVII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/entranas-negras.jpg)
Ao día seguinte, o sábado 2, serán os actores do grupo Ateco da Coruña os que se responsabilizan de representar a comedia REFACHO explicándonos as voltas e revoltas que pode ocasionar a fortuna de alguén que marchou deste mundo sen herdeiros lexítimos. Unha muller excéntrica e aventureira que viviu como quixo, deixando unha colección inútil que ninguén quere. Os pequenos e, nalgún caso, miserables conflitos dos achegados que se creen con dereito a herdar. E sempre o espírito da falecida (Benilde) e a súa colección presente mediante golpes de vento que penetran e saen entre escenas.
Ten unha duración de 70 minutas estando dirixida a un publico a partir de doce anos.
Coma sempre, as representacións serán ás oito da tarde no Auditorio Manuel María do Carballiño.
Tiruleque Teatro