Skip to main content

O Consello Asesor de RTVE en Galiza demanda que TVE utilice a toponímia galega nas formas legais e correctas

Asi, este organismo de designación parlamentar suma-se ás críticas que recebe o Canal 24 Horas por utilizar de modo sintomático e consciente a toponímia galega seguindo formas deturpadas e ilegais, moi especialmente nos boletins de información meteorolóxica, onde sempre se designan A Coruña e Ourense através das deturpacións La Coruña e Orense.
O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, afirmou ao respeito que TVE viña facendo uso, en xeral, da toponímia oficial da Galiza, o cal monstraba unha actitude de mínima comprensión e respeito cara ao noso idioma. Mais agora deixaron de respeitar-se as formas correctas da toponímia, pola simples razón de que se está a producir un retroceso no respeito ás culturas, propiciado polo partido que ordena e manda nos informativos e na programación. Callón tamén recordou que o uso incorrecto da toponímia galega foi corrixido pola imensa maioria dos meios de comunicación, nun xesto de profisionalidade e de respeito cara á lei, un xesto que A Mesa desexaria ver tamén na televisión pública estatal.
A Mesa lembra que a toponímia oficial é a toponímia oficial, para todos os asuntos oficiais, dentro e fóra das comunidades autónomas respectivas, razón pola cal lle exixe a TVE que pasen a utilizar imediatamente as formas oficiais e correctas, porque é unha TV pública e porque nengun critério ideolóxico partidário debe primar sobre a concepción que emana das leis aprobadas en democrácia.
A Mesa pola Normalización Lingüística