O Secretario de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información preside a xuntanza da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG)
O luns 22 de setembro a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, que ven de renovar recentemente tódala súa composición, celebra en A Coruña unha xuntanza ordinaria, á que asistirá o Secretario de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información, excmo. Sr. Carlos López Blanco. A nova Directiva, presidida polo catedrático Angel Viña, aproveitará a ocasión para lle presentar algúns dos proxectos e ideas nos que está a traballar.
Unha vez rematada a xuntanza, o Secretario de Estado presidirá un almorzo de traballo, ó que AETG invitou ós principais axentes do sector en Galicia, e no que está confirmada a presencia de responsables políticos e institucionais da nosa comunidade así coma de un bo número de directivos das principais empresas galegas. Tralo almorzo, o Secretario de Estado intervirá para explicar ós asistentes a situación do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións e as perspectivas de futuro, o que seguirá un debate sobre os temas de actualidade.
A presencia de López Blanco en Galicia se produce nun momento de especial relevancia para o sector, tralos últimos cambios anunciados sobre a regulación da cuota de abono de Telefónica ou a liberalización dos prezos do ADSL; e tralo recente nomeamento de Juan Costa como novo ministro de Ciencia e Tecnoloxía.
A renovada AETG celebra con este xantar o seu primeiro acto público cumprindo así o manifestado pola nova Xunta Directiva de acercar e dinamizar o sector en Galicia con, entre outras medidas, os encontros periódicos cos responsables mais salientables.

Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia