Satisfacción en ADEGA pola creación da comisión de investigación no Parlamento Europeo sobre o Prestige
Destacamos que esta proposta foi votada positivamente polo grupo parlamentario liberal e mesmo por conservadores franceses, alemáns e belgas, o que abre unha luz á ética e á transparencia dentro do sistema político europeo.
É destacábel que o Parlamento Europeo acolla unha comisión temporal de investigación mentres esta foi inviabilizada nos Parlamentos Galego e Español.
O interese desta comisión radica non tanto na busca de responsabilidades políticas (lembramos que os responsábeis políticos de converter un incidente nunha catástrofe continúan sen dimitir) como na clarificación de todos os feitos para tirar as leccións oportunas que permitan vertebrar sistemas de toma de decisións, lexislacións e medios técnicos para que desastres deste tipo non se repitan nunca máis.
O sistema máis básico de intelixencia é aquel que permite aprender dos erros propios polo que esta comisión é un saúdo á intelixencia, saúdo que pretendeu ser furtado polos gobernos español e galego. Agardamos que os cidadáns europeos sexamos o suficientemente intelixentes como para que non se volvan producir catástrofes ecolóxicas similares nas costas europeas.

Adega