A Mesa pola Normalización Lingüística celebra una asamblea en Carballo
Esta reunión desenvolverá-se ás 21 h na Casa da Xuventude de Carballo e contará coa presenza do Presidente desta asociación, Carlos Manuel Callón.
Nesta reunión falará-se dos proxectos e campañas que esta asociación vai realizar durante os próximos meses, tanto a nível nacional como na comarca. Entre as accións a nível nacional, A Mesa vai vixiar rigorosamente neste curso o cumprimento do decreto que regula os mínimos do galego no ensino, ademais de continuar coas suas campañas de promoción de dobraxe de filmes ao galego.
Xa concretamente para a comarca de Bergantiños, preparan-se diversas actividades que van desde o fomento da etiquetaxe en galego até a difusión entre a cidadania da posibilidade de galeguizar o nome ou restaurar os apelidos.
Esta asemblea en Bergantiños fai parte dunha campaña de fortalecimento organizativo desta asociación en defensa da língua. Xunto con estas asembleas de zona en todo o país, A Mesa está a realizar unha campaña de afiliación baixo o lema Entra. Necesitamos unha Mesa forte. Desde A Mesa pola Normalización Lingüística pretende-se facer un chamamento a toda a cidadania para que se implique activamente na recuperación e extensión social do idioma galego, e por iso convida a todos os viciños ou viciñas sensibilizadas coa língua galega para que acudan a esta reunión.
A Mesa foi fundada en 1986 e conta cun total de 3.000 sócias e sócios en toda Galiza. Nestes momentos, aspira a converter-se no motor da normalización do galego, mais para iso considera que lle continuan a facer falta ainda máis apoios.

Mesa pola Normalización Lingüística