Skip to main content

Adega comeza unha campaña de seguemento e monitorización da contaminación dos ríos galegos

A campaña iniciarase na comarca de Santiago de Compostela co estudo de tramos dos rios Sar e Tambre e irase ampliando a máis ríos Galegos.
Esta campaña pretende non só ser un medio de denuncia da situación actual das nosas augas senón tamén unha campaña divulgativa e de concienciación cidadá. As analíticas dos ríos faránse públicas para que toda a poboación teña acceso a información. Asemade, promoverase a denuncia de casos de vertidos por parte da poboación.
Adega