Skip to main content

I Certame de Cociña Galega da Castaña

1º- Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos, sendo o ingrediente base a castaña da Galiza. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita indicando o nome, o autor ou autores, ingredientes, cantidades e método de elaboración. A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no adobío do prato e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.
2º- Os participantes neste certame inscribiranse antes do venres 14 de novembro de 2003 no telf. 986 548746 ou no 616 056979. As bases deste certame pódense recoller nas bibliotecas públicas dos concellos de Cuntis ou Moraña, así como en distintos locais comerciais e de hostalería de ambas vilas.
3º- A inscrición será de balde, e no momento de facela se lle asignará a cada participante un número identificativo que figurará xunto ao prato dende o inicio do concurso, facilitando deste xeito o anonimato. Ao remate da valoración dos pratos polo Xurado cada participante poderá recoller o enxoval utilizado.
4º- A presentación dos pratos ao concurso realizarase entre as 15 e as 16 horas do domingo 23 de novembro no Fogar do Xubilado de Cuntis ou na Casa da Cultura A. Daniel Rguez. Castelao de Moraña. A partir das 19 horas terá lugar na citada Casa da Cultura Castelao de Moraña a divulgación dos pratos premiados, a entrega de premios e unha degustación popular de productos derivados da castaña. En anos sucesivos alternarase o lugar de celebración dos actos de entrega entre os dous concellos implicados.
5º- Recórdaselle aos participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración e transporte dos alimentos.
6º- O Xurado estará integrado por membros de recoñecido prestixio no eido gastronómico. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderá declarar desertos os premios do Certame, e terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o evento. As decisións do Xurado son inapelables.
7º- Outorgaranse tres premios que consistirán en lotes de productos do mellor da gastronomía galega do tempo dos Magostos e un diploma acreditativo do premio. A todos os participantes lles será entregada unha acreditación en lembranza da súa intervención.
8º- A revista A Taboada editará unha crónica sobre o desenvolvemento do Certame, na que se reproducirán as receitas premiadas.
9º- A presentación ao Certame implica a aceptación das bases polo concursante.
Revista Cultural A Taboada e as Asociacións Culturais O Meigallo e A Cabana de Cuntis e Moraña