Constitúese a Plataforma pola Galeguización da Banca e das Caixas de Aforro
Esta Plataforma pretende impulsar o proceso de introdución do idioma galego neste importantísimo sector, apresentando os seguintes obxectivos:
1. Todo tipo de formulários deben estar ao dispor do público monolingües en galego.
2. A rotulación interna debe estar en galego.
3. As campañas publicitárias serán, cando menos, en galego.
4. Os caixeiros automáticos deben ter opción de galego. Ademais, a opción de mudanza para outra língua debe facer-se desde o galego.
5. As páxinas web deben ter opción en galego, debendo tamén estabelecer-se a opción de mudanza de língua desde o galego.
6. A correspondéncia comercial fará-se en galego, salvo que o cliente solicite que se faga en español.
Como primeiro paso, solicitou-se unha entrevista coa Dirección Xeral de Política Lingüística, para propor unha campaña de sensibilización no sector. Ademais, desde esta Plataforma enviou-se unha carta a todas as traballadoras e traballadores, convidando-os a ser partícipes do proceso de introdución do galego nas actividades bancárias: É preciso que as empresas tomen consciéncia da necesidade de galeguizar as suas actividades. Ti, como traballador ou traballadora, podes contribuir enormemente a este proceso, di-se na misiva.
Algunhas das medidas concretas que se propoñen son as seguintes:
- Realización de cursos específicos de formación en língua galega para o persoal dos bancos ou caixas, con carácter voluntário. Que sexan en horário laboral e que supoñan compensacións, como pluses de produción, pontuación na traxectória profisional, homologación con outros tipos de cursos de formación, liberación horária, etc.
- Distribución en todas as sucursais dun vocabulário galego da banca e de material de apoio ao proceso de normalización.
- Recoñecimento ao direito elemental do uso da língua, tanto por parte do persoal como da clientela.
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística valora-se moi especialmente a importáncia da unión sindical á hora de defender a recuperación e extensión social do galego. A Mesa considera que o idioma debe ser cousa de unanimidade social, porque é património comun de todas e todos.

Plataforma pola Galeguización da Banca e das Caixas de Aforro