O SLG pide ao Goberno que agarde ata o 2007 para comezar a aplicar a Política Agraria Común
O Sindicato Labrego Galego valora positivamente a decisión da Conferencia Sectorial, celebrada o 1 de decembro en Zaragoza, de aprazar a entrada en vigor da Política Agraria Común (PAC) no Estado ata o ano 2006. Trátase dunha posición máis prudente que a mantida pola Consellería de Política Agroalimentaria, que pretendía comezar coa PAC en 2005.
De todos xeitos, para o Sindicato Labrego Galego sería moito máis positivo agardar ata o ano 2007, data tope fixada legalmente pola Unión Europea para a aplicación da reforma.
Cómpre saber que a reforma da PAC deseñouse en vistas ás negociacións do cumio da Organización Mundial do Comercio (OMC) celebrado en Cancún o pasado mes de setembro. Tralo fracaso deste evento por mor da negativa dos países pobres a aceptar as imposicións liberalizadoras dos ricos, a nova Política Agraria Común perdeu a súa lexitimidade. Ademais, en vistas ao novo encontro auspiciado pola OMC en Hong Kong para o ano 2005, é máis que probábel que a Unión Europea volva revisar de novo a súa política agraria para poder chegar a algún tipo de acordo cos demais países, polo que resulta totalmente inxustificado comezar a aplicala.
A pesar da prudencia da Conferencia Sectorial de Zaragoza, o SLG sigue cualificando como nefasta a reforma da PAC aprobada, e opón a ela unha política agraria alternativa e deseñada para servir aos intereses das familias labregas e do medio rural, en unión coas organizacións que integran a Coordinadora Labrega Europea (CPE).
Por todo o devandito, dende o Sindicato Labrego Galego pensamos que agora é o momento axeitado para que a Consellería de Política Agroalimentaria abra un auténtico proceso de negociación coas organizacións profesionais que temos acadado a condición de representativas nas pasadas eleccións a Cámaras Agrarias. Estas negociacións deberían estar orientadas a fixar a posición de Galicia ante as futuras reunións da Conferencia Sectorial, e mesmo de cara a definir as nosas posicións sobre cal debe ser o modelo de agricultura a consolidar na Unión Europea nunha futura reforma da PAC.

Gabinete Comunicación Sindicato Labrego Galego