Skip to main content

Panxea Comercio Xusto presenta a apertura da nova tenda na rúa do Hórreo, en Santiago

A asociación conta, durante todo o ano, cunha tenda aberta na rúa Hortas, nº 4 (casco histórico). A novidade este ano é que quere darse a coñecer ó público do ensanche compostelano. Para isto en colaboración con diversos grupos e persoas abre unha tenda de Nadal.
Nestas tendas podese atopar artesanía e alimentación de diversos continentes como por exemplo monecas contacontos reversibles de Filipinas (producidas nas aforas de Manila), material de papelería, artesanía de diversas asociacións galegas que traballan con persoas con especiais dificultades para acceder ó mercado laboral (enfermos mentais, enfermos con dano cerebral, etc).
¿QUÉ É O COMERCIO XUSTO?
O Comercio Xusto xurdiu en Holanda hai xa máis de trinta anos e busca establecer un novo modelo de relacións comerciais entre o Norte e o Sur do planeta. Hai uns 15 anos chegou a España e desde hai 7 anos xa esta presente en Galicia.
Un dos obxectivos primordiais do Comercio Xusto é manter un intercambio xusto, que permita o desenvolvemento das propias comunidades do Sur e a creación de estructuras de producción participativas, democráticas e
respectuosas co medio ambiente e a cultura.
Os principios do Comercio Xusto son:

1. Salarios e condicións de traballo dignos
2. Non explotación infantil
3. Igualdade de salario e condicións laborais entre mulleres e homes
4. Funcionamento democrático
5. Relación comercial a longo prazo
6. Pago dunha parte do prezo por adiantado
7. Os productores e productoras destinan parte dos seus beneficios ás necesidades básicas das súas comunidades
8. Respecto polo medio ambiente
9. Productos de calidade.
Álvaro Arceo (Panxeo Comercio Xusto)