Skip to main content

Actuación do Grupo de Teatro Achádego de Lugo, dentro do programa do II Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

A Mandrágora é unha peza na que o autor ofrece unha sátira mordaz e hilarante sobre a corrupción que domina a sociedade italiana do seu tempo. Macchiavelli desenrola a acción na época contemporánea e na mesma Florencia, o que convirte esta peza nunha crítica dos modos de vida dos distintos estamentos sociais (a nobreza, o clero, ...), da importancia do diñeiro e da moralidade imperante, para a que todo vale con tal que non se sepa, e donde, por suposto, a finalidade xustifica tódalas cousas.
A Mandrágora é unha pranta á que xa dende a antigüidade se lle atribuían poderes máxicos e curativos da esterilidade humana e da impotencia sexual. Tamén se cría que a pranta nacía ó pé dos patíbulos e que se alimentaba coa orina e o semen dos aforcados, de aí as súas propiedades eróticas. Así, Macchiavelli utiliza esta planta para facer fecunda a unha muller que quere e non pode ter fillos.
Na posta en escea desta obra optouse por romper coas complexas escenografías que Achádego empregara nas súas últimas montaxes e pasouse a unha escenografía moito máis sinxela sobre a que se quixo resaltar o carácter grotesco dos personaxes mediante unhas laboriosas e coloristas maquillaxes, así como cun vestuario que, a pesar de estar inspirado nos cánons da época, distorsionouse na búsqueda dese mesmo fin. En definitiva, un espectáculo que recrea de forma ácida e divertida os modos de vida da Italia Renacentista.

Achádego Teatro