Skip to main content

O Geroi Sevastopolya: ¿aprendeuse algo do Prestige?

Por outra banda, é patente que nin as autoridades españolas nin galegas aprenderon nada da experiencia do Prestige: véndese como un éxito que o petroleiro pase a máis de 200 millas cando o Prestige amosou claramente que por moito que un barco se afaste se ten verquidos contaminantes ou rompe as substancias tóxicas chegaran ao litoral igualmente e ademais nun tramo longo e por moito tempo.
Ante esta situación cabe facerse unha serie de preguntas:
1. ¿De qué serve afastar o barco? ¿protéxense así as costas?
2. En caso de accidente, avaría, verquido ou rotura ¿que se tería feito? ¿afastalo aínda máis e provocar outra marea negra das características da do Prestige? ¿traelo a porto? ¿quizais a un porto refuxio, tal e como recomenda a UE?
3. En caso de que o buque non respectara as 200 millas ¿que se tería feito? ¿pegarlle un tiro tal e como suxeriu, intelixentisimamente, o Presidente da Xunta, D. Manuel Fraga, e provocar así unha gran marea negra de novo? ¿incautar o barco e traelo para a costa?
¿Cándo poderemos dispoñer dunha lexislación internacional oportuna que protexa axeitadamente non só as nosas costas senón todos os mares do mundo? ¿Cándo as autoridades competentes aprenderán algo das experiencias pasadas?
Adega