ADEGA coorganiza as xornadas xunto coa SGEA e a ASPEA
As Xornadas desenvólvense mediante conferencias e grupos de traballo, centrados na Educación Ambiental (EA) en relación ao desenvolvemento sustentábel, a escola e as Axendas 21 locais. Asemade, serven de foro de presentación e debate de distintas iniciativas prácticas de EA, onde os participantes poden coñecer da man dos/das autores das mesmas a súa experiencia.
Entre os/as relatores hai membros das Universidades de Santiago de Compostela e do Minho, das tres asociacións organizadoras, do Instituto do Ambiente e Desenvolvimento Sustentável portugués e doutras institucións e empresas.
Estas Xornadas deben servir tamén como unha chamada de atención ás distintas Administracións, particularmente á Consellería de Medio Ambiente sobre o actual estado de paralización da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Este documento, consensuado entre os distintos actores implicados na EA, sentou os fundamentos para o desenvolvemento dun proxecto de EA múltiple. Lamentabelmente, como tantas outras iniciativas, o desleixo e a inoperancia da Consellería deixou baleiro de contido este documento.
A Consellería non convocou nin unha soa vez o Observatorio Galego de Educación Ambiental, organismo encargado do seguemento e avaliación permanentes do estado da EA no noso país baseándose nas recomendacións da Estratexia. Este organismo debe convocarse normativamente cada 6 meses pero aínda non o fixo dende a súa constitución no mes de outubro do 2002, o que motivou mesmo unha recomendación do Valedor do Pobo a partir dunha queixa presentada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG).
En definitiva, se queremos realmente construír unha sociedade verdadeiramente sustentábel, xusta, igualitaria e ecolóxica, a educación é fundamental. A implicación das distintas Administracións é imprescindíbel para o seu desenvolvemento, poñendo en activo os recursos que xestionan e promovendo unha participación real da sociedade

Área de Educación Ambiental de ADEGA