Skip to main content

A presión e a campaña masiva de recursos posta en marcha polo SLG empeza a dar froitos

No día de hoxe, a Consellería de Política Agroalimentaria, a través dunha nota de prensa, fai público o inicio da tramitación dos pagos das axudas por indemnización compensatoria para explotacións en zonas desfavorecidas correspondente ao exercicio do 2003.
O SLG, no seu día calificou de antisocial a decisión do Conselleiro de retirar fondos para estas axudas, deu a voz de alarma a través dunha concentración na Delegación Provincial de Agricultura de Lugo, e, unha vez que a Consellería comunicou a denegación das axudas, puxo en marcha unha forte campaña en toda Galiza para que todos os afectados e todas as afectadas presentasen recurso de alzada.
O SLG quere manifestar a súa satisfacción pola decisión do goberno galego de escoitar o clamor do sector, dar marcha atrás e restablecer o orzamento para que todas as explotacións que cumpren os requisitos que dan lugar a esta axuda cobren a cantidade correspondente ao 2003.
Ao mesmo tempo, o SLG insta ao goberno da Xunta a modificar desde xa os orzamentos asignados a este concepto para o 2004. Queremos recordar que se a Xunta non modifica a cantidade asinada para estas axudas, a reducción no 2004 será aínda máis grande do que tería sido no 2003.
O SLG fai un chamamento a todas aquelas persoas que, tendo recibida comunicación denegando a indemnización compensatoria e que aínda non teñan presentado recurso, que o presenten.
Sindicato Labrego Galego (SLG)