Skip to main content

Pésame da Mesa pola Normalización Lingüística polo pasamento da escritora Luísa Villalta

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística quérese salientar o compromiso de Luísa Villalta con Galiza e co noso idioma, ao que enriqueceu coa súa recoñecida obra de creación literaria, e tamén coa súa defensa pública. Luísa Villalta formou parte activa da nosa organización, comprometéndose sempre en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística