Skip to main content

A Unión Sindical de Traballadores de Galicia condena o atentado perpetrado pola banda terrorista ETA en Madrid

É con moito a mais repugnante e sanguinaria actuación na traxectoria destes asasinos, arrebatándolle a vida, segundo os datos coñecidos á hora de emitir este comunicado, a máis dun cento de cidadáns e cidadás e feridas a moitos máis.
O Comité Nacional da USTG solidarízase coas familias das vítimas, compartindo con eles a dor por este crime e este novo atentado contra dos dereitos humanos e a liberdade, crime do que somos víctimas todos e cada un dos cidadáns e cidadás de toda España.
O Comité Nacional da USTG, chama os traballadores e ó conxunto da cidadanía a amosar o seu rexeitamento a tan execrable crime participando en todos os actos de repulsa que se convoquen.
Asimesmo, esíxímoslle ó conxunto dos partidos políticos democráticos, especialmente dos que se reclaman do nacionalismo:
Unha actitude clara e sen ambigüidades de condena deste novo acto criminal terrorista.
Deixar a un lado a san diverxencia suspendendo a actual campaña electoral.
Chegar a un acordo para establecer as medidas que sexan precisas para erradicar esta lacra social que está impedindo a convivencia en paz e liberdade de tódolos vascos, españois, galegos ou calquera outro cidadán desta España inmersa na Europa do ano 2.004.


Galicia 11 de Marzo 2004
USTGALICIA