Skip to main content

Rádio Filispim

Curso de Técnicas de Rádiodifusión Básicas a desenvolver no Ateneo Ferrolán.
Últimos días de matrícula, aínda quedan 4 prazas. Interesad@s dirixirse as oficinas da entidade Ateneo Ferroán, Rúa Magdalena en horario de 11:00 á 13:00 h. e de 17:00 á 21:00 h, ou nos estudios de Rádio Fene, en horario de mañán. O curso levarase ao cabo o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de marzo. O prazo de matrícula está aberta até o venres 26 de marzo ás 13:00 horas. Os interesados deben aportar unha fotocopia do DNI, cubrir o impreso de matrícula e aboar 27 € en concepto de matrícula do curso.
CD recompilatorio e Festa Apresentación en apoio ao proxecto da Rádio Filispim (RFM).
Continúa aberto o prazo para que tódolos grupos nóveis da comarca,   de calquera estilo, que o desexen poidan participar creativamente no recompilatorio. Os grupos ou solistas deben achegar copia do CD coa indicación do tema que prefiran se inclúa no recompilatorio e información relativa ao proxecto. O CD, sería apresentado na festa que se está organizando para a vindeira semán santa nun coñecido local ferrolán, todo ilo en apoio ao proxecto da rádio libre e comunitária de ferrolterra, Rádio Filispim (RFM). Os grupos poden achegar as súas gravacións no Ateneo Ferrolán, no bar Manchita Cosa (Rúa Magdalena) antes do  sábado 21 de marzo.
Máis información en radiolibreferrol@hotmail.com 
Coordenadora de RFM