Skip to main content

As ONGD´s InteRed e FISC presentan o material educativo para o fomento da solidariedade e a resolución pacífica dos conflictos na Educación Primaria

Está destinado aos tres ciclos da Educación Primaria, é dicir nenos e nenas dende 6 ata 12 anos. Neste proxecto preténdese promover valores e actitudes de solidariedade, tolerancia e resolución pacífica de conflictos e ser, xa que logo, unha ferramenta de transformación social.
O material educativo consta dunha guía metodolóxica baseada en 15 xogos cooperativos e unha serie de actividades para realizar con quebracabezas de distintos tamaños segundo as idades dos nenos e nenas.
A elección dos xogos cooperativos como material de base deste proxecto débese á importancia do xogo na educación da infancia, por ser un elemento natural para eles: se xogando experimentan que é mellor brincar con outros que contra outros, que é mellor superar desafíos que superar aos demais, ofréceselles a oportunidade de interiorizar valores e habilidades, colaborando no crecemento persoal e na construcción dun mundo máis xusto.
InteRed e FISC son dúas Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento que ademais de posuír unha dilatada experiencia no traballo conxunto con proxectos educativos nos países do Sur, fomentan a Educación para o Desenvolvemento na nosa sociedade a traverso da Educación en valores tales como a solidariedade e a construcción da paz.
InteRed Galicia, o sábado 27 de marzo, levará a cabo o VI módulo do Curso-Obradoiro de Formación do Voluntariado Internacinal, Construamos un mundo novo. Obradoiro de Xogos cooperativos dende as dez da mañá ata as oito do serán.
InteRed Galicia