Skip to main content

Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, nova Xunta Directiva

Dende a súa creación, a Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, que aglutina a máis de 400 titulados superiores en Informática, leva percorrido un longo camiño, logrou feitos importantes e trascendentais e é a referencia dos profesionais titulados en Enxeñería Informática da nosa comunidade.
O presidente actual da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, D. Gabriel Ferreiro, decide non concorrer á súa reelección como Presidente da Asociación e, despois de traballar activamente para ésta nas diferentes Xuntas Directivas dende a súa fundación, no ano 1994, consegue animar a diversos asociados a concorrer dende distintas candidaturas para a renovación bienal dos cargos da Xunta Directiva.
O camiño que foi percorrendo a Asociación ata o de agora, lento pero sen descanso, é o correcto. Á nova xunta quedaralle continuar cun traballo inxente, que se podería resumir nuns poucos puntos:
-Defensa da Profesión. Cremos que éste é o obxetivo principal da Asociación, tódolos puntos que se comentan van tratar de impulsar o prestixio da mesma. A actual Xunta cre que, a consecución dos Colexios Profesionais sería un paso imprescindible para a culminación deste feito. Neste último periodo, a Xunta traballou fortemente neste ámbito, pero é necesario manter e incrementar os medios, apoios e contactos establecidos ata o de agora, principalmente cos tres grupos parlamentarios, para así darlle o empurrón final que tan próximo está.
-Potenciar a actividade do Enxeñeiro en Informática. A Asociación debe dedicar un esforzo importante a que os Enxeñeiros en Informática exerzan a súa actividade profesional na nosa comunidade. Os bos profesionais son imprescindibles para que as nosas empresas e organismos alcancen a competitividade e excelencia no seu traballo. Dende a Asociación, tanto a Comisión Laboral como a de Formación, están realizado un labor imprescindible neste entorno.
-Definición das competencias, atribucións profesionais e redacción do Libro Branco da Profesión. Dende a nosa Asociación e a nivel nacional, estase negociando co Ministerio competente para poder definir o libro blanco da profesión de Enxeñeiro en Informática. Entendemos que a consecución inmediata de competencias para un numeroso conxunto de actividades relacionadas coa Informática é complicado, pero sí cremos poder solicitar competencias exclusivas en moitos campos ou actividades relacionados coa nosa profesión:
Crecemento. Aínda aumentado un 54% o número de asociados nestes dous últimos anos e superando a cifra de 400 membros, é necesario seguir medrando, necesitándose para iso a colaboración de todos os asociados doutras localidades, labor que se empezóu a realizar neste último periodo, a través da Comisión de Expansión.
Formación continua. Este é un labor sumamente importante para o noso colectivo, dado o carácter altamente evolutivo da nosa profesión. Para iso é necesario incrementar e fomentar a actual política de realizar periódicamente actividades de formación en toda Galicia senon tamén potenciando este labor noutras localidades, contando para iso coa participación activa de asociados de tódalas cidades, tal e como se estivo realizando activamente en Ourense, Santiago, Lugo, Vigo e Pontevedra.
Peritaxes e dictames xurídicos. A Asociación conseguiu, con gran esforzo, que a Administración de Xusticia confíe cada vez máis os dictames e peritaxes xurídicos ós nosos profesionais. A Comisión de Peritaxes realiza comunicacións anuais a tódolos xulgados e colexios de avogados e procuradores da comunidade, para informar a este colectivo que a realización de estas peritaxes informáticas debe ser, única e exclusivamente, realizada por profesionais titulados, facilitando á súa vez a lista dos mesmos. Nestes últimos anos, realizouse a publicación, en distintos medios xurídicos, de diversos artigos de carácter profesional, con unha alta valoración por parte dos mesmos.
Universidade. É imprescindible unha aproximación cada vez maior a tódalas Universidades galegas. Os profesionais deben poder avaliar os futuros plans de estudio das distintas titulacións e debemos seguir presentes nos distintos acordos que o Tratado de Bolonia poida levar a cabo, tanto na nosa comunidade como a nivel nacional.
Tamén se debe seguir mantendo acordos de colaboración conxunta para realizar eventos e actos de formación continua, tal e como se fixo coa UDC e as Xornadas de Enxeñería do Software, o que cremos moi importante seguir realizando, establecendo ademáis, outros parecidos, tanto coa USC como coa UVIGO.
Á súa vez é necesario manter os contactos e apoios
establecidos ata o de agora coas distintas administracións públicas e privadas: confederacións de empresarios, cámaras de comercio, deputacións, fundacións públicas e privadas, organismos oficiais, empresas privadas, etc.
Potenciar as comisións de traballo actuais e establecer outras novas. Neste periodo de tempo, a xunta directiva conseguiu crear e manter, gracias ó labor desinteresado de diversos asociados, varias comisións que están a realizar unha tarefa moi importante: Laboral, Formación, Colexios Profesionais, Educación, Oposicións, Web, Expansión, Peritaxes e Dictames Xurídicos, potenciando a comunicación e a
colaboración entre todos os asociados.
Relación con Colexios e Asociacións Profesionais de Enxeñeiros en Informática. A nosa asociación forma parte dunha federación nacional de asociacións e colexios profesionais de enxeñeiros en informática, sendo imprescindible seguir mantendo esta relación e colaborando nos obxectivos comúns que nos definen a nivel nacional e mesmo internacional.
A estas eleccións, que tiveron lugar onte venres 26 de
marzo en A Coruña, concorreron dúas candidaturas, formadas por 10 profesionais cada unha, encabezadas por D. Jesús Rodríguez Castro e Dña. Victoria González Molares. Resultou gañadora a candidatura encabezada polo primeiro de eles, D. Jesús Rodríguez Castro, ó que acompañan os profesionais que a continuación se detallan:
D. Jesús Rodríguez Castro, despois de prestar os seus servicios en diversas empresas e traballar para a Xunta de Galicia como analista de sistemas informáticos durante varios anos, é na actualidade o responsable dos Servicios Informáticos do Concello de Santiago de Compostela, labor que compaxina coa que ven desenvolvendo na Universidade de Vigo, onde imparte clases como profesor asociado na Escola de Enxeñería Informática en Ourense. Forma parte da Xunta Directiva de ALIGA actual como Vocal.
D. Antonio de Andrés Lema, tras dous anos como analista/programador en Soluziona Servicios Internet e ASM Soft, actualmente é profesor técnico de Formación Profesional nun Ciclo Superior de Informática no Instituto IES Leliadoura de Ribeira. É parte activa na comisión de Bolsa de Traballo.

D, Diego Benítez Martínez ven desenvolvendo a súa profesión en Banco Pastor en diferentes labores no campo da informática, dedicando os últimos anos á tarefa de Analista DataWarehouse na devandita entidade. Pertence á Xunta Directiva de ALIGA dende o seu inicio en diferentes postos, ocupando actualmente o de Vocal, ademais de formar parte da comisión de Colexio Profesional.
D. Alberto Marta Ponte, desenvolve a súa carreira
profesional en Banco Pastor en diferentes labores informáticas, adicando os últimos anos á tarefa de Analista DataWarehouse na devandita entidade. Dentro da Asociación forma parte activa na comisión de Expansión Xeográfica, así mesmo foi integrante da comisión organizadora das II Xornadas de Enxeñería do Software.
D. Jesús Seoane Pérez traballa na actualidade como Analista de Aplicacións en Caixa Galicia. Forma parte da Xunta Directiva da Asociación dende hai anos, sendo actualmente Tesoureiro. Ademais é coordinador da
Comisión Laboral.
D. Juan Otero Pombo é profesor na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo. É parte activa nas comisións de Bolsa de Traballo e Expansión Xeográfica, coordinando as accións da Asociación en Ourense.
Dña. Yolanda García Ulla, comeza a súa carreira profesional traballando na Xunta de Galicia como programadora e analista técnico. Durante mais de 4 anos traballa como Analista de Sistemas en GFI e como
Consultor Senior en Oracle Consulting, Tras voltar a Galicia desempeña o cargo de Director Técnico na empresa Transiciel S.A. Actualmente é profesora no Ciclo Superior de Informática no IES de A Guarda. É a coordinadora nas comisións de Oposicións e Educación.
D. Antón Campos Silva realiza as tarefas de Administrador de Base de Datos para a empresa de Cable R, a través da consultora STE Consulting. Dentro da Asociación é parte activa na comisión de Expansión Xeográfica.
Dña. Marta Sande Eslava desenvolveuse profesionalmente en empresas de servicios, na actualidade traballa como consultora senior en Soluziona. É coordinadora da comisión de Bolsa de Traballo na Asociación.
D. Mariano Cabrero Canosa é profesor titular doutor na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de A Coruña. Pertence dende hai tempo á Xunta Directiva, sendo actualmente Secretario, ademais de ser o coordinador da comisión de Peritaxes e Dictames Xurídicos da nosa Asociación e integrante da comisión organizadora das II Xornadas de Enxeñería do Software.
Asociación de Enseñeiros en Informática de Galicia