Skip to main content

Conspirando por unha rádio libre

O colectivo OPAI!, é a denominación coa que coñecemos á recentemente fundada Asociación Cultural para a Activación de Medios de Comunicación Alternativos. Esta iniciativa ampara, entre outras, o proxecto da rádio libre para Ferrol e comarca, Rádio FilispiM.
Co obxecto de recadar fondos para a adquisición de equipamento técnico para a rádio a coordenadora de OPAi!, ultima a organización dun festival de música xoven que baixo o lema de Conspirando por unha rádio libre, apreséntase coma a proposta alternativa e independente para esta Semana Santa na comarca.
A discoteca West Saloom (estación de ferrocarril, Ferrol) acollerá o festival a partires das 22:00 horas do xoves 8 de abril. Diversos grupos e solistas colaboran desinteresadamente. Nestes momentos está confirmado o seguinte cartel:

1º Miguel Alonso (cantautor)
2º Loom (pop rock)
3º Window Pane (rock duro)
... e por confirmar con muitas posibilidades:
4º Funky Brewster ou Dixie Town (funky-rock, blues-rock)
5º Óscar Cempés (folk)
No mesmo festival apresentarase o CD recompilatorio de grupos e solistas da comarca Conspirando por unha rádio libre. A venda dos cedés destinarase ao mesmo fin. Tódolos partipantes no recompilatorio o fan desinteresadamente.
Rádio Filipim, e por estensión o coletivo OPAI, apostan decididamente polos grupos e solistas da comarca, contribuindo deste xeito a difusión das músicas destes artistas, na meirande dos casos inéditas discográficamente.
Despois dos concertos dos grupos e solistas, a partires das dúas da madrugada, pinchas, rapeiros, acústicos e intervencións teatrais, tomarán o cenario para poñer un broche de ouro á 1ª festa Conspirando por unha Rádio Libre solidaria co proxecto da rádio libre Rádio FilispiM.
Coordenadora de OPAI!