Skip to main content

O Colexio de Xornalistas de Galicia celebrará en Ferrol o Día Mundial da Liberdade de Prensa

A xornalista estivo no Zaire, Bosnia, Chechenia e Irak como enviada especial da Televisión de Galicia.
O acto tamén contará coa presencia do escultor de Ferrolterra, ManuelPatinha. O artista presentará un monumento á liberdade de prensa que se inaugurará en Ferrol o ano que ven. Este luns presentárase o boceto da obra. O acto contará coa presentación da presidenta do Club de Prensa Xulia Díaz e do Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé María García Palmeiro.
>As dúas entidades queren con este acto lembrar a tódolos xornalistas que se deixaron a vida en conflitos por cumprir co seu traballo de informar. Haberá unha lembranza especial para o cámara ferrolán, José Couso, morto hai un ano en Bagdad.
O acto na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar o luns, (Día Mundial da Liberdade de Prensa) ás oito da tarde.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia