Skip to main content

Nova situación do ensino a raíz das mobilizacións estudiantís do 28 de abril.

Este paro realizouse co obxectivo de que se impartisen en galego as materias determinadas pola lei, que a Inspección Educativa rematase cos incumprimentos e que o profesorado non se tomase a chanza as súas obrigas legais. Ademais, o día da mobilización advertimos ás autoridades educativas de que, de non se producir ningunha mudanza, se convocaría unha nova folga estudantil para a semana das Letras Galegas.
Desde o 28 de Abril, o labor da Inspección Educativa en relación co Decreto 247/95 virou significativamente e a Xunta de Galiza terá que efectivizar o inmediato cumprimento desta norma legal. Trátase dunha situación nova, na cal influiu moito a mobilización dos alumnos e das alumnas en defensa da legalidade. Cada estudante que participou na folga contribuiu de xeito inestimábel para que mude esta situación de desprezo pola lingua galega, pois pódese constatar que non é igual falar do Decreto 247/95 agora que antes do pasado día 28.
Ante os novos movementos da Administración, decidimos dar un tempo prudencial para observar cal é o traballo que realmente vai realizar a Xunta de Galiza. A semana pasada solicitamos unha entrevista co Conselleiro de Educación, Celso Currás, para coñecermos de primeira man a actual situación.
No caso de que o cumprimento da legalidade non se produza, comezaremos o curso escolar 2004/05 con novas folgas.
A Mesa pola Normalización Lingüística