Skip to main content

I Primeira Xornada Profesional da Federación de Sindicatos de Xornalistas

Profesionais do xornalismo de toda España reuniranse o próximo 5 de xuño en Santiago de Compostela para analizar a situación do xornalismo en España e, especialmente, na busca de solucións a precariedade laboral que sufre este colectivo. Entre as iniciativas a debate, destaca a creacción dun sindicato de xornalistas en Galicia.
O encontro está organizado conxuntamente polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e pola Federación Española de Sindicatos de Xornalistas. (FeSP). Ademais de comunicadores galegos, asistirán decenas de representantes dos sindicatos de xornalistas de Catalunya, Andalucía, Baleares, A Rioxa, Canarias, Madrid e Portugal.
A xornada terá lugar no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela a partir das 10.15 horas. O encontro está estructurado en tres mesas de traballo. Na primeira, Precariedade laboral e profesional, participará, entre outros relatores, o novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, Miguel Túñez. Dardo Gómez, secretario da FeSP, e representantes de comités de empresas de varios medios galegos falarán na segunda mesa de traballo, Organización sindical dos xornalistas. Nesta mesa tamén se tratará das vías posibles para a creación dun sindicato de xornalistas en Galicia e a constitución dunha comisión xestora que poña en marcha esta iniciativa.
Na xornada de serán, na mesa de traballo Os xornalistas e a sociedade representantes da iniciativa parlamentaria popular TVG Plural e membros dos comités de empresa de Radio Nacional de España, Canal Sur Televisión e TV3 debaterán sobre o modelo de democratización dos medios públicos.
Tódolos interesados nestas xornadas poden contactar co CPXG no teléfono 981 935670 e no correo electrónico xornalistas@xornalistas.com
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia