Skip to main content

XIV Certame Fotográfico de Medio Ambiente 2004

Velaí que, sendo a concienciación da importancia do MEDIO AMBIENTE un dos obxectivos que se persigue con esta exposición, no Ateneo Ferrolán suscitamos a súa itinerancia por diversas localidades, feito que vimos realizando nas últimas edicións e que inclúe a súa presencia no Outono Fotográfico de Ourense, e a publicación no seu Catálogo das fotografías premiadas.
A exposición consta dunha selección realizada polo Xurado, de 50 fotografías enmarcadas, coas que se realizará unha Mostra itinerante a partir da súa INAUGURACIÓN E EXPOSICIÓN que terá lugar no Ateneo Ferrolán, entre os días 4 e 30 de xuño.
O XURADO cualificador formado por: VÍCTOR RIVERA JOVE – Fotógrafo. CARLOS CARBALLEIRA PERMUY – Fotógrafo de Prensa. RODRIGO RAMOS ARDÁ – Fotógrafo. Profesor de FOTOXORNALISMO de Medios de Comunicación. JUAN GALDO GARCÍA – Ateneo Ferrolán (secretario sen voto).
Se reunió para fallar, tanto sobre as que serán as 50 fotografías seleccionadas da itinerancia como dos PREMIOS, os cales, se entregarán durante o acto de Inauguración que terá lugar o venres día 4 de xuño, ás 20,30 horas, no Ateneo Ferrolán.
Se entregarán TRES PREMIOS que se repartirán en:

- 1º PREMIO --------- 900 €
- 2º PREMIO --------- 300 €
- 3º PREMIO --------- 150 €

A EXPOSICIÓN coas 50 fotografías seleccionadas estará no Ateneo Ferrolán ate o próximo día 30 de xuño. O noso novo horario de VERÁN é de LUNS A VENRES de 10 a 14 horas.
Ateneo Ferrolán