Skip to main content

Flallado o Certame de Teatro Atenea 2004

O Xurado do Certame de Teatro Atenea 2004, que ven organizando o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixa Nova, composto por: Fernando Ocampo, Esperanza Piñeiro, Idoia Múgica, Manuel Basoa, Eva Ocampo, Helga Méndez, Mª José Doce e Luis Calvo acordou o seguínte Fallo:
1) Concedelo Premio de Categoría Especial ó grupo do colexio Carmen Polo, coa obra Las tres Reinas Magas, dirixido por María José Caínzos.
2) Declarar Desertos os premios da categoría Infantil.
3) Concede-los Premios na categoría de Primaria ós grupo de teatro La Cuadrilla do colexio Compañía de María, coa obra Canción de Navidad, dirixido por Antía Díaz e Paula Dapena e Os Boteiros do colexio Masdías, coa obra Xa veñen os Reis, dirixido por Ana Mª Rodríguez.
4) Na categoría Xuvenil o Fallo foi favorable ós grupos Tixuca, do IES Carvalho Calero, coa obra Morde-me, dirixida por Pilar Patiño e ó grupo Os amigos, de Valdoviño, coas obras Mal de Moitos e Trato a cegas, de Charlón e Hermida, dirixidas por Lucía Caneiro.
Todos eles recibirán un premio, de igual cuantía, por un total de 250 Euros e un Diploma que se entregarán no transcurso dunha velada teatral dedicada a tódolos participantes de Atenea 2004.
O Xurado quere destacar e valorar publicamente os traballos e esforzos dedicados por parte de tódolos grupos participantes, dentro das grandes diferencias de medios económicos e humanos e, moi especialmente onde se conseguiu esa unidade de alumnos, profesores e pais.
Para rematar o Xurado de Atenea 2004, quere felicitar o Ateneo Ferrolán polo seu compromiso permanente e desinteresado coa cultura, sobre de todo na súa base, os pequenos, e a Caixa Nova pola súa sensibilidade e compromiso, así como recomendarlles e alentarlles na continuidade deste Certame.





Luis Calvo Teijeiro + Fernando Ocampo (Ateneo Ferrolán)