O SLG lamenta os sucesos acaecidos nas reivindicacións do sector lácteo
O SLG lamenta os feitos ocorridos na mañá de hoxe, só comprensíbeis dende a desesperación que se está a sentir en moitas explotacións, dado que nos últimos tempos sufriron un incremento enorme dos custos (cereais, fertilizantes, gas-oil…), así coma unha desproporcionada e inxustificada baixa dos prezos.
Moitas explotacións atópanse, por mor desta diminución do prezo do leite, ao borde da quebra, con moitas dificultades para facer fronte aos gastos e pagaren os créditos que teñen para financiar os investimentos realizados.
O SLG considera, como vía prioritaria para buscar a necesaria solución a esta baixa de prezos, a negociación e a interlocución social, apostando decididamente pola loita sindical, da que é bo exemplo a participación masiva e unitaria do sector nas mobilizacións recentes ante as centrais lácteas.
Que quen estea detrás da organización destes actos, que teñen máis de sensacionalistas que de loita sindical, deberían dar a cara e aclarar que se quere conseguir cos mesmos.
Asimesmo condenamos as ameazas de baixa de prezos que as industrias manteñen no agro mes tras mes, e da que recoñecemos que Leite Rio foi punta de lanza no mes de marzo, xa que obrigan a productores e productoras a vender o leite con prezos que están
moitas veces por debaixo dos custos de produción e non pagan o seu traballo.

Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG)