Ruben Coca estrea Mínimo común múltiplo 2.0 no Festival MIVICO 08
O Festival Internacional de Videocreación do Condado, MIVICO 08, que se celebra en Ponteareas do 3 ao 5 de outubro, inaugura a súa segunda edición coa estrea do último traballo dun dos directores consagrados do audiovisual galego, Rubén Coca. O ferrolán presentará o venres 3 de outubro Mínimo común múltiplo 2.0.
A curtametraxe (sexta da filmografía do director ferrolán) narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense.
Mínimo común múltiplo 2.0, que foi rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández e Tomás Romero, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director “é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolvido todo nunha atmosfera de misterio e de suspense”.
Coa estrea da película ábrese o programa de actividades do MIVICO 08, que se desenvolverá até o domingo 5 de outubro en Ponteareas. Durante o festival pasaranse na sección oficial unha escolma da produción audiovisual máis arriscada e independente do momento e celebraranse varios concertos a cargo de bandas emerxentes da escena internacional.
Desta vez o espazo de proxección móvese ao Centro Cultural Sportivo. O número de traballos recibidos para participar no MIVICO 08 triplicou aos do ano pasado. O festival da así un paso máis no seu propósito de consolidarse no calendario audiovisual galego como escaparate das propostas audiovisuais máis independentes da escena actual.
Filmes procedentes de Arxentina, Estados Unidos, Noruega, Italia, Portugal e de diversos puntos do Estado español competirán polo premio nas tres categorías establecidas (curtametraxes de ficción, videocreación e documental).
O MIVICO 08 reafirma así a súa aposta decidida pola videocreción e o cine independente coa intención ademais de servir de abrir una fiestra á creación máis arriscada.
Itinerancia
Como antesala do que será o festival, o domingo 21 de setembro ás 22 horas farase en Ponteareas unha proxección ao aire libre dalgúns dos traballos recibidos. A entrada é de balde.
http://www.mivico.net/

Mivico'08