Skip to main content

Manuel Ángel Carreira, Alfredo Seixas e Lucía González, premios do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

Reuniuse o xurado do XIX CERTAME GALEGO DE ARTE "JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural begontino co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, formado por:
- JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ GARCÍA, Alcalde de Begonte
- MARÍA QUIROGA FIGUEROA, do Museo Provincial, en representación da Deputación Provincial.
- MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ
- GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO)
- JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, en representación do centro convocante.

Por unanimidade, acordaron emitir o seguinte fallo:
· Conceder o Premio JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos a MANUEL ÁNGEL CARREIRA VARELA, de Regueira-Pastoriza, pola súa obra “Coa música a outra parte”.
· Outorgar cadansúa MENCIÓN DE HONRA pola calidade dos seus traballos a:
· ALFREDO SEIXAS, de Lugo, pola súa obra “Paisaxe urbán II” e
· LUCÍA GONZÁLEZ GÓMEZ de Begonte, pola súa obra “O taberneiro”.

X.X.