Skip to main content

Inaugúrase cun concerto a restauración dos retábulos da igrexa de San Martiño de Barcia de Mera

O venres día 23 de xaneiro de 2009, con motivo da inauguración da restauración dos retábulos da igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, ten lugar un concerto a cargo do Coro Campus Stellae e a Orquestra de Cámara Galega, dirixidos por Xoan Trillo.

O evento, de entrada libre, iníciase ás 17.00 horas, e está prevista a asistencia de persoeiros da vida política: Anxela Bugallo (Conselleira de Cultura), Felipe Arias (Director Xeral de Patrimonio), Monseñor Diéguez (Bispo de Tui-Vigo), ademáis de diversos alcaldes da contorna. O concerto está patrocinado pola Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia a través de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e conta coa colaboración do Obispado de Tui-Vigo, o concello de Covelo e a parroquia de Barcia de Mera.

O Mesías, de Händel, centra o concerto do Coro Campus Stellae e a Orquestra de Cámara Galega que estarán acompañados da soprano Aída López, o contratenor Martín Viaño e o tenor Diego Neira.
Luis Martínez