Presentado en Madrid o Catálogo on-line de actores e actrices de Galicia
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeu o seu apoio aos actores galegos no seu papel de “mensaxeiros” que trasladan “a paisaxe humana de Galicia ás pantallas”. “Nese papel de mensaxeiros, que sintoniza á perfección con esa Galicia aberta ao mundo que entre todos construímos, sempre acharedes o apoio e o cariño do presidente que vos fala”, afirmou Emilio Pérez Touriño, durante o acto de presentación en Madrid do Catálogo de actores e actrices de Galicia, producido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia.
Pilar Bardem, presidenta da Fundación Aisge (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), cuxa sede albergou o acto, acompañou ao presidente galego na presentación do Catálogo, á que asistiron tamén os actores Martin Sheen e Emilio Estévez, pai e fillo descendentes de galegos de Salceda de Caselas. Pérez Touriño agradeceulles a ambos a súa presenza, un “xeneroso xesto” que demostra que “comparten o corazón da galeguidade que se estende polos cinco continentes”. O acto contou ademais cunha nutrida representación de profesionais do audiovisual galego, e de coñecidos actores como Isabel Blanco, Camila Bossa (ambas condutoras do acto), Vicente Montoto (presidente de AAAG), Luis Tosar, Sergio Pazos, Xabier Elorriaga, María Vázquez, Berta Ojea, Belén Constenla, María Pujalte ou Cristina Castaño.
Na súa intervención, o xefe do Goberno galego salientou que “Galicia conta hoxe cun sector audiovisual dinámico e en auxe”, que mantén un nivel de produción regula ren toda sas frontes, tanto en cine como en televisión, e en diversidade de formatos, “desde a ficción ata a animación, desde o documental ata as teleseries e telemovies”.
Tras subliñar o “cualificado plantel de realizadores, guionistas e técnicos cos que conta Galicia”, Touriño resaltou que a Comunidade Autónoma “brilla especialmente polo seu colectivo de actores, pola súa profesionalidade, pola súa versatilidade e pola súa frescura”.
Trátase, apuntou, dun colectivo que procede, na súa maioría, do teatro que agromou no país nos anos 70 e que posteriormente deron o salto á ficción televisiva e á dobraxe a través da Televisión de Galicia, para incorporarse logo ás producións de cine español que “da man de Jaime de Armiñán, José Luis García Sánchez o José Luis Cuerda, elixiron Galicia como plató”. E incorporándose, sobre todo, apuntou o presidente da Xunta, “ao cine galego que desde 1989 comezou a manifestarse en numerosas longametraxes a partir de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro”.
O titular da Xunta destacou que “experiencia e profesionalidade no medio audiovisual” levou a boa parte deses actores a ser reclamados pola industria audiovisual española, “de xeito que a súa presenza en ficcións televisivas ou cinematográficas é frecuente nos últimos anos, de modo que son o noso principal capital artístico, a evidencia de que o sector audiovisual galego é un valor en alza”.
O presidente da Xunta remarcou que o Catálogo de actores e actrices de Galicia compila “un amplo elenco que ademais logra alto tan importante na profesión de actor como unha plena comuñón co seu propio público”. Nese sentido subliñou que as cifras de audiencia da Televisión de Galicia con numerosas ficcións son das máis elevadas de España, o que se debe en gran parte, apuntou, “ao traballo dos seus actores, cos que o televidente galego se sinte identificado”.
Pérez Touriño destacou que o Catálogo é unha iniciativa pioneira “que facilitará a promoción do sector audiovisual galego”, logrando ademais que Galicia “manteña e reforce o seu papel como un dos vértices do triángulo máxico do audiovisual español, canda a Madrid e Cataluña”.
Catálogo on-line
O acto serviu para amosar a aplicación electrónica do Catálogo de actores e actrices de Galicia a través dun vídeo no que se ensina a navegación pola páxina. O catálogo on-line da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), despois dun período de proba na páxina web da AAAG, comezou o seu lanzamento o pasado mes de novembro con diversos actos dirixidos aos medios, institucións e empresas do sector audiovisual e das artes escénicas.
O catálogo conta con versións en soporte papel e DVD, pero ademais, incorpora a posibilidade de acceder á aplicación mediante Internet, o que permite que esta iniciativa fose recoñecida polo sector como unha ferramenta orixinal, innovadora e de grande utilidade na promoción dos actores e actrices galegos dentro e fora das nosas fronteiras. Ademais, facilita en gran medida o traballo ás produtoras, axencias de casting e outros perfiles que interveñen na contratación de intérpretes. Cómpre destacar, así mesmo, que o catálogo entrou na web design by content 4.0 para a súa edición de 2009, a biblia do deseño web mundial.
Un dos valores engadidos do catálogo on-line é o de estar deseñado para a súa actualización permanente. As fotos, os vídeos de cada ficha, e os currículos, poden ser renovados e postos ao día constantemente. Así, pódeselle dar entrada a novas caras, ademais das 240 xa rexistradas, sen necesidade de que a aplicación e a información perda vixencia. Funciona con un motor de busca onde se poderá atopar ao actor ou actriz de interese para o usuario a partir da súa identificación persoal (por exemplo, o seu nome), os seus trazo físicos (altura, cor de pelo, ollos) e a súa traxectoria profesional.
No proxecto da AAAG teñen colaborado a Fundación AISGE, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia