A Fundación Galiza Sempre e a USC colaborarán en actividades académicas, culturais e de investigación
A Universidade de Santiago e a Fundación Galiza Sempre veñen de asinar un acordo no que establecen o marco de actuación para colaborar na organización de congresos, cursos, conferencias, exposicións, publicacións e actividades culturais, así como no asesoramento en investigacións e actividades de arquivo.
A exposición de motivos recolle a tradicional “colaboración na realización do Festigal, Festival cultural que se celebra anualmente en Santiago dende 2002” e o acordo asinado establece varias modalidades de colaboración, entre elas a realización de actividades formativas do alumnado da USC, o asesoramento mutuo en proxectos de investigación e divulgación sobre o nacionalismo galego e a continuación coa colaboración establecida para o tratamento do arquivo da Fundación. Este último asunto iniciouse recentemente mediante a asistencia técnica da USC para o tratamento arquivístico dos fondos documentais do nacionalismo galego xestionados por Galiza Sempre.
Cunha vixencia inicial de cinco anos, o acordo prevé a realización de convenios e contratos específicos para os diferentes proxectos e programas que o desenvolvan, sempre baixo a supervisión dunha comisión mixta integrada polo vicerreitor de Política Internacional da USC e o director xerente da Fundación Galiza Sempre.

Fundación Galiza Sempre